Opinión

Febleza de todos aínda que se vexan fortes

PODE PARECER un retorno á normalidade en Cataluña a partida do barco do Piolín, alegoría da actuación político-xudicial do Estado; aínda que sexa só simbólico pois os policías pasarán a hoteis e haberá outros dous cruceiros atracados no peirao. Esa normalidade debería producirse despois das eleccións, pero dista moito da calma que se busca con elas, aínda que o 21-D sirva para que as dúas fraccións en conflito se retraian nas súas posicións, aínda que sexa para coller impulso. O problema continuará, e máis que pola igualdade das forzas (independentistas de ERC-PDeCAT-CUT e unionistas de Cs-PSC-PP, coa indefinición de Común-Podem) polo deterioro social da convivencia entre distintos. Comezará unha nova etapa na que nada será igual, con constitucionalistas e soberanistas conscientes das súas posicións, febles as dúas a pesar de que se consideren robustas polos respectivos apoios.

Comentarios