sábado. 31.07.2021 |
El tiempo
sábado. 31.07.2021
El tiempo

Factorías de improperios

Este show no que se está convertendo a política está esnaquizando a industria periférica para levala á capital

A POUCO industrializada Galicia vai perdendo fábricas. Os empregados de Alcoa non teñen garantida a súa continuidade e As Pontes contempla o esmorecemento da central térmica. Pola contra, en Madrid xorden incontables factorías de produción exclusiva, a de adxectivos descualificadores do Goberno e dos partidos coligados ou que o sustentan, que logo se reproducen en fervenza en distintos foros, mediáticos, partidistas e incluso institucionais, porque ata o Congreso chegaron batallóns cargados de munición dialéctica: covarde, traidor, parvo, miserable, mentiroso, impostor, okupa, psicópata, incompetente e moitos outros aínda peores chegáronse a oír en sede parlamentaria, na que se perdeu o respecto. A nova economía xurdida nas redes como alternativa á tradicional febril é fonte inesgotable de epítetos, que dominan o panorama. Feijóo alertou hai días sobre o deterioro da política, porque converteuse en show co improperio como ariete.

Factorías de improperios