Opinión

Fachenda de humildade

OUTRA pelexa de pais nun partido, unha máis, e ultimamente acumúlanse, amosa o cinismo que envolve o deporte. De palabra deféndese a súa práctica por favorecer valores de respecto, tolerancia ou traballo en equipo, que non é antagónico de liderado; pero de feito reflicte individualismo, desconsideración ou maltrato, de obra ou palabra. Pero isto non é exclusivo do xogo de base, onde é habitual comprobar como os adultos incitan a manobras antiportivas para un único fin, gañar. No fútbol profesional non é extraordinario oír falar a quen ocupa o máis alto lugar do escalafón que o seu club representa uns valores. Meritoria defensa, pensarase, pero que bate coa realidade cando se entra en detalle. Hai uns días, sen ir máis lonxe, e só para poñer un exemplo, un presidente fachendeaba de humildade logo de asegurar que o seu era o mellor equipo do mundo. Ou sexa, modestia, ningunha.

Comentarios