miércoles. 27.05.2020 |
El tiempo
miércoles. 27.05.2020
El tiempo

Sentidiño ou extinción

EXTINGUÍMONOS. Non é unha conclusión científica, só intuitiva. E non polo coronarivus, senón pola histeria colectiva na que estamos entrando como se non houbera mañá, como se todos foramos morrer con só botar un pé fóra da casa. Ver supermercados con carros ateigados para poder enclaustrarse durante semanas con suficientes provisións é a imaxe do medo. Un fato de xente coa cabeza tapada con bolsas de plástico mentres facía a compra en Madrid é un sinal inequívoco da decadencia como sociedade, que non desaparecerá polos microbios, senón de asfixia. Son as masas do espanto a semellanza da Guerra dos mundos ficcionada a finais do século XIX. O terror é o que acaba con nós. Pois non van morrer 250.000 españois como na peste de 1918, nin terá moito maiores consecuencias que a gripe común, por moito que sexa máis letal, a non ser que nos volvamos tolos. Simplemente, ter sentido e cumprir as normas. Iso, ou extinción por histeria.

Sentidiño ou extinción
Comentarios