Opinión

Extensivas ou intensivas, unha cuestión de gusto

MINISTERIO con mínimas competencias precisa declaracións políticas para rendibilizar o cargo. E aí está Garzón, nunha institución de escasa capacidade, porque se puidera eliminar ou reducir as macrogranxas xa o faría en vez de criticalas, pero non depende del, e por riba a súa exposición nun periódico británico reviróuselle. Todo empezou por quen debería estar satisfeito coa crítica ás granxas intensivas e a defensa das extensivas que expuxo Garzón, ao situar Castela e León como comunidade exemplar, e pola contra bateu cun furibundo ataque do seu presidente. As grandes industrias gandeiras contaminan máis (solos e augas) e producen carne de peor calidade cás extensivas. Indiscutible. Para frealas hai administracións que toman medidas; algunha xa aprobou unha moratoria de tres anos sen novas macrogranxas. Iso é xestión, pero non de Consumo, por falta de competencia, suplida por comunicacións non sempre ben encarreiradas.