martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Excesos que alimentan esaxeracións

REMATA en Andalucía, terra de excesos, plataforma de probas de extremismo ultranacionalista, a esaxeración de 36 anos ininterrompidos de Goberno dun mesmo partido. E faino coa desproporción de manifestacións apoiadas por quen foi rei do abuso e que semellaba considerar a comunidade como o seu pazo, de aí a corrupción que campaba arredor dos executivos que se foron sucedendo, con 22 ex altos cargos no banco dos acusados polo caso dos Ere, incluídos dous presidentes. Dicía Quevedo que o exceso é o veleno da razón, e aquí parecen xuntarse todos os tóxicos, pois por primeira vez entra nun Parlamento despois de 1982 un partido xenófobo, reaccionario e machista (Fuerza Nueva só tivo un representante no Congreso na primeira lexislatura tras ser aprobada a Constitución) que basea os seus postulados en mentiras para oporse a avances sociais; e xunto a el un partido que nun arrebato se lanza á rúa por non aceptar o desaloxo do poder.

Excesos que alimentan esaxeracións
Comentarios