martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

O exceso de cobrar mil euros

RESULTA que o gran problema da economía española, que non crea todo o emprego que debería, é do salario mínimo, ese de menos de mil euros establecido hai un par de anos e que o Banco de España ve como maldición. A entidade gobernada por quen cobra 12.000 euros ao mes calcula que pola subida do SMI se perderon 90.000 postos de traballo, ou do dobre, o que representa un cálculo ben alonxado do exacto.

Nun país no que a cifra de traballadores por debaixo do umbral da pobreza achegouse aos 100.000, o incremento de 2019 significou para boa parte deles alcanzar un salario digno que franqueara a penuria laboral. E non só o Banco de España considera un exceso cobrar 950 euros, hai partidos que o ven como un disparate porque son moi liberais defensores da privatización das ganancias e de socializar as perdas coa concesión de millonarias sumas aos grandes poderes. Os que viven da macroeconomía, os demais malviven dela.

O exceso de cobrar mil euros
Comentarios