Opinión

Excesivos vetos

O PROBLEMA vén de ter excesivos inimigos, buscados ou continxentes. Fóronse recheando trincheiras, pero ábrense outras na política española. O crecemento de Vox motivou que se estendera un cordón para evitalo desde a esquerda, que antes practicamente o tiña despregado co PP. Socialistas, Podemos, BNG e outros votaban a calquera con tal de que non gobernaran os populares. E Cs, que en tempos foi socio do PSOE en Andalucía e pactou sen éxito con Pedro Sánchez para a Moncola, desta volta vétao. Precisamente Cs sofre por buscar tantos inimigos. Como en Barcelona rexeitaba os independentistas de ERC pero tamén as confluencias con Podemos, non tivo unha postura común na elección de alcalde, o que motivou a ruptura con Valls, que só desaprobaba o soberanismo. Demasiadas censuras en vez de negociación para a resolución de conflitos, como defendía Habermas, o referente comunicador da escola de Fráncfort que cumpriu onte 90 anos.

Comentarios