Opinión

Excepción ibérica, só na luz

ESPAÑA e Portugal conseguiron que Europa recoñecera as súas peculiaridades para fixar un tope no prezo do gas que permitirá a rebaixa na factura da luz para os residentes de ambos os dous países. Así, desde este mes e durante un ano funcionará esta excepción ibérica fronte aos mercados, unha actuación institucional ante o liberalismo. A medida foi validada  no Congreso grazas á maioría dos partidos, pero algúns, suponse que os contrarios ao intervencionismo estatal na economía, rexeitárono, o que neste caso non supón excepción, nin nesta votación nin noutros parlamentos europeos, onde a oposición refuta calquera iniciativa gobernamental, aínda que sexa beneficiosa para os cidadáns e as empresas, como é esta, na que verán reducido a partir de agora o cargo enerxético, rebordado nos últimos meses, e que xa se notará no recibo que chegue a final de xuño. Pero as eléctricas non perderán, iso tampouco é excepción, sufragarao a UE.