lunes. 22.07.2019 |
El tiempo
lunes. 22.07.2019
El tiempo

Ex-presidentes en campaña

ADEMAIS dos actores principais, cada partido tira de fondo de armario para arrapañar cada voto posible na campaña electoral. Os ex-presidentes sempre foron valores aproveitables, e cada convocatoria coas urnas volven aparecer. Uns con máis protagonismo que outros. Quen terá axenda destacada ata o 28-A será Aznar, que se moverá sobre todo polas provincias nas que o PP disputa escanos con Vox. Con Rajoy apenas se deixaba ver, pero con Casado cambia. "Este PP si me representa", ten dito desde que se produciu o cambio de líder, co que se envorcará para que poida chegar á Moncloa, conscientes de que a presidencia depende duns miles de votos en cada circunscrición. Pero se Aznar aportará a Casado todo o seu esforzo, Pedro Sánchez non terá o mesmo apoio en Felipe González, de quen está distanciado, nin de Zapatero, que exporá un perfil baixo. E Rajoy tampouco se prodigará. Reforzos distintos segundo proximidade en cada partido.

Ex-presidentes en campaña
Comentarios