Opinión

Estratexia serodia

RECOÑECE a agora líder de Ciudadanos e daquela unha das principais dirixentes a mala decisión de facilitar catro gobernos autonómicos do PP en comunidades nas que gañara o PSOE. Pero ese apoio en 2019 era case inevitable despois de facer fronte común, tamén con Vox, como quedou inmortalizado na manifestación da praza madrileña de Colón. Non había outra, unha vez testemuñada a tendencia dereitista, aínda que pasado o tempo quedou revelado que a ruptura coa transversalidade levou o partido á intranscendencia na que está sumida. Agora pretende mudar de discurso, pero semella reacción serodia, unha vez desaparecidos en Madrid como espello do que poida ocorrer en Castela e León. En Andalucía parecía lóxico rachar co socialismo perenne, pero algo parecido sucedía en Madrid, con goberno popular desde 1995, e porén entregouse a un PP fagocitador, aí e noutras comunidades. Pretende revivir virando o discurso, Demasiado tarde.

Comentarios