Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Estratexia da crispación

NADA MÁIS pasar á oposición emprende o PP unha campaña de insubmisión. Faino en distintos soportes, pero coas redes sociais como principal sustento, coa pretensión de deslexitimar a quen ocupa o Goberno. Esta estratexia da crispación para dar a entender que existiu usurpación de poder, como se este fose implícito á súa existencia e ninguén máis o puidera ostentar, xa non é a primeira vez que ocorre. Iniciouse na lexislatura previa á chegada de Aznar á Moncloa e acrecentouse unha década despois cando Zapatero gañou as eleccións. Agora que o PSOE volve gobernar o PP enténdeo como unha espoliación por máis que Sánchez conseguira 180 votos e Rajoy só 170 no mesmo Parlamento. É a rabecha de quen perde, pero arrastra millóns de cidadáns que alimentan a crispación como xeito de oposición a un Goberno igual de lexítimo có anterior que, obviamente, non gusta a todos.

Estratexia da crispación
Comentarios