Opinión

Estimar Galicia

CELEBRAMOS un novo Día de Galicia con similar deixadez que os anos anteriores aínda que con novo presidente, continuísta con leves matices, porque réplica exacta é imposible, e case con idéntico equipo. Somos os galegos maioritariamente de festas gastronómicas e escasamente de conmemoracións como a de hoxe porque nos queremos pouco como colectivo. Aí temos pola contra a cataláns, madrileños ou andaluces, que se estiman tanto grupalmente a pesar das diferencias persoais que ata algún reacciona de mal modo cando lle comparan a súa posta de sol con calquera outra, porque o deles é todo o mellor. Aquí non, aquí considerámonos socorridos en vez de autónomos, minusvalorámonos e quizais por iso non apreciamos o noso e non conmemoramos un día que non sería de vaidade ou altivez como os doutros territorios, pero si polo menos de satisfacción. Pero iso non se xestiona administrativamente, iso é sentimento, aínda que se poida promover.

Comentarios