lunes. 16.05.2022 |
El tiempo
lunes. 16.05.2022
El tiempo

Estados e nacións non son o mesmo

As nacións non teñen fronteiras, os que as teñen son os Estados. Pero esta realidade é desfigurada por quen ten interese en que semellen sinónimos e entes inamovibles, cando a realidade amosa o contrario con situacións dispares. Claro que existen nacións delimitadas por Estados, igual que as hai que os sobrepasan ou varias dentro de un, e incluso Estados sen nación, como Suíza, por exemplo. Ata o dicionario da Rae entra en contradición, porque nunha acepción asegura que nación é o conxunto de habitantes dun país rexido por un Goberno e noutra, que a forman persoas da mesma orixe, cun mesmo idioma e unha tradición común. Entón os rusos do Donbas (80% da poboación), son da nación ucraína ou da rusa? E se cambian de Estado cambian de nación? E os croatas, desde cando son nación, desde que teñen Estado (1991)? E antes eran da nación iugoslava, que xa non existe? Que nación non é Estado xa o saben, pero deforman.

Estados e nacións non son o mesmo
Comentarios