jueves. 06.08.2020 |
El tiempo
jueves. 06.08.2020
El tiempo

Espionaxes ilegais ou alegais

VIXÍANNOS. A todos. A través de múltiples compañías virtuais, pero tamén de organizacións estatais. Xa o supoñiamos. Agora estamos seguros. Un periódico, o mesmo que hai case medio século destapaba o Watergate, descubre o maior escándalo de espionaxe da CIA. O Washington Post revela que a intelixencia estadounidense axexou durante décadas os gobernos de todo o mundo, algúns directamente e outros grazas a comuncacións interpostas. Estados democráticos, ditatoriais ou como sexa o seu réxime non se abstraen de contar cun servizo para investigar o que pasa no resto do planeta, ou qué pensaban, que os estados nos permiten tanta liberdade como para non saber da nosa existencia máis que cando votamos? Ilegalidades sobre o que os países non alertan porque todos o fan, é como un acordo tácito a pesar das rivalidades. Toda espionaxe é unha inxerencia, polo tanto debería ser xulgada, pero no caso dos estados queda incólume.

Espionaxes ilegais ou alegais