jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Espectáculo pouco informativo

O QUE PRACTICA na actualidade o xornalismo deportivo en España é o bufandismo, término co que Fermín de la Calle designa á gresca de bar no que se converteron os programas de debate onde os convidados vociferentes e berróns só defenden do xeito máis estridente que poden o seu equipo porque a única pretensión é derrotar o rival. Esta denuncia dun esquema escasamente informativo nos medios deportivos é extensible aos xeneralistas, sobre todo nos que recorren ao formato de tertulia política, na que semella como se os participantes recibiran antes de cada programa as directrices sobre o asunto a debater, porque soen utilizar os mesmos argumentos que antes ou despois lanzan os dirixentes. Xornalistas convertidos en voceiros partidistas, do mesmo xeito que os comentaristas deportivos teñen a gala ir ataviados coa camiseta do seu equipo e ao pescozo a bufanda co seu escudo. Espectáculo, deportivo ou político, pouco informativo.

Espectáculo pouco informativo
Comentarios