Opinión

España, país de defraudadores

Carezo dos datos deste ano, pero hai pouco España era o terceiro país da UE en morosidade, só por detrás de Grecia e Italia. Buscar paralelismos entre crise económica e índice de cidadáns incumpridores cos tributos sería unha explicación excesivamente sinxela para a situación que sufrimos nestes tres estados mediterráneos. Será coincidencia, pero os 30.000 millóns de euros dos que non dispón ao fisco debido ás irregularidades de quen debería aportalos axudarían a sanear as arcas públicas. Porque para esixir aos nosos representantes bo goberno debemos antes cumprir como cidadáns, e polo visto un bo número deles non o fai. De feito preto de cinco mil adebedan máis dun millón e suman 15.000 millóns, e deles uns cantos permitíanse dar clases de xestión, cando a primeira lección que debían superar era a de contribuír co que lles corresponde. A corrupción empeza pola base.

Comentarios