sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Escatimar en sanidade, mal negocio

SANITARIAMENTE non estabamos tan ben como pensabamos, ou nos facían crer. Agora nesta complicada época aprécianse as costuras. O sistema estaba colleito con ganduxo, que se podía descoser á mínima. E foi ao grande, tanto que se tivo que pechar un país para evitar o colapso, que estivo a piques de producirse. Sairemos fortalecidos, díxose daquela, na crenza de que se potenciaría a sanidade, sobre todo nos lugares onde parecía máis feble. Pero pasou o tempo e segue habendo carencias nos equipos humanos e pola contra os graduados teñen que emigrar fóra ou no interior na procura de mellores condicións. Onde se empregou o necesario (contratación de 10.000 sanitarios e 1.300 rastreadores na Comunidade Valenciana) a situación está controlada, e onde seguen como se en xuño quedara todo arranxado pagan as consecuencias. Os datos de Madrid, Navarra ou La Rioja sobrecollen, pero as outras que non se descoiden porque logo a ver como culpan aos demais.

Escatimar en sanidade, mal negocio
Comentarios