Opinión

Escaso de tempo

A INVESTIGACIÓN xudicial desde hai tempo e a presión política dentro do seu propio partido como consecuencia directa puideron con el. Volve ser Besteiro un militante socialista de base logo dun proceso político ascendente que se iniciou cunha concellalía en Lugo, seguiu coa presidencia da Deputación e rematou coa secretaría xeral do partido como paso previo a unha truncada candidatura a presidir Galicia. Esta caída, por moito que algúns destacados correlixionarios como Pachi Vázquez ou José Blanco a reciban con disimulado alborozo, deixa ao partido atoado, sen dirección e carente de aspirante á Xunta logo dunha considerable erosión de votos polo acoso das mareas que ameaza tsunami, con risco de naufraxio, maior aínda se se adiantan as eleccións autonómicas, porque nesta época de tribulación anda a tropezóns e fixar rumbo leva un tempo do que o PSOE anda escaso.

Comentarios