Opinión

Equivócase de adversario

A DESESPERACIÓN por un nefasto resultado pode levalo a reaccionar contra todo e equivocarse de estratexia. O principal partido español desde 2011 ata agora empezou a non saber cara onde dirixirse durante a campaña catalá e agravouse co escrutinio, de tal xeito que converteu o seu aliado preferente, Ciudadanos, en principal rival. A forma de acaparar votos non é atacar ao seu competidor polo mesmo espazo, senón atraer para si potenciais votantes que noutras circunstancias e momentos se inclinarían polo PSOE. Calcúlase que cen mil cataláns que en 2015 votaron socialista desta volta fixérono polo partido laranxa, que colleitou máis de 150.000 procedentes das ringleiras populares. Engánase de inimigo o PP se emprende unha campaña contra Cs, porque o xeito de volver ter o apoio de quen foxe cara o novo contrincante é xestionar mellor e magnificar erros do centroesquerda.

Comentarios