Opinión

Eleccións adiantadas por interese propio

AÍNDA non é estridente, pero empeza a haber murmurios de adianto electoral. Non das xerais, como vén reclamando a oposición desde o memso momento en que perdeu as anteriores, senón das autonómicas andaluzas. Tocaríalle dentro dun ano, pero todo apunta a que serán bastante antes. Cando unha presidencia, a única con capacidade para facelo, convoca comicios cando non corresponden é por beneficio propio, como Ayuso en Madrid, e quizais desta volta o PP, que goberna desde 2018 por primeira vez a comunidade sureña, entenda que lle irá mellor previo á recuperación económica que se aventura. E se lle vai ben, poderá beneficiarse da previsible desfeita de Ciudadanos, aínda que este sexa un socio máis cómodo que Vox. E algo parecido ocorre en Castela e León, con ruído de convocatoria tras desavinzas no Goberno. Sería un adianto preventivo, pois a moción de censura tamén sobrevoa a comunidade. Priman os intereses partidistas.

Comentarios