jueves. 04.03.2021 |
El tiempo
jueves. 04.03.2021
El tiempo

E ti máis

Na pobreza dialéctica que caracteriza a política española imponse como método de resposta o "e ti máis". É habitual cando un rival ameaza un flanco desabrigado contestar con ataques desaforados buscando similitudes onde nas máis das veces é difícil atopalas, pero para espolear os seus vale. Que hordas fanatizadas entran no Capitolio, pois recórdase que Podemos apoiou a iniciativa Rodea o Congreso, que significaba iso, protesta á beira del, sen violentar a institución, igual que fixeron anos despois representantes policiais encarrapuchados ás portas mesmas arroupados polos partidos que criticaran a outra queixa. Que Trump alenta aos seguidores cara un golpe de Estados, pois recórdase que o seu principal asesor ten agora relación con Vox. Que Illa segue no ministerio cando xa se anunciou que sería o candidato á presidencia catalá, pois recórdase unha situación parecida protagonizada polo popular Arias Cañete. Pobres defensas.

E ti máis
Comentarios