Opinión

É rupturista ou unionista? En que quedamos?

PERO EN que quedamos? Podemos é impulsor da ruptura de España, independentista catalán ou unionista? Ou todos á vez? Ou ningún deles? Estou totalmente perdido, porque vexo ultimamente que algúns partidos e comentaristas políticos din ao mesmo tempo unha cousa e a contraria. Hai uns meses pregoaban que as forzas soberanistas de Cataluña quedaran nas eleccións autonómicas por debaixo das que defenden que non se poida convocar un referendo para un coñecemento máis concreto de cada unha das posturas. Incluían aí os votos e escanos de Catalunya Sí que es Pot, coalición na que se integraba Podemos, que conta con catro deputados no Parlament. Pero agora, a este partido, que formou parte da candidatura de En Comú para as eleccións xerais, considérano independentista e que vai romper España por defender o dereito a votar. A realidade ás veces non é a que se quere ver.

Comentarios