lunes. 06.01.2020 |
El tiempo
lunes. 06.01.2020
El tiempo

Dubidosa ética ou sospeitosa xestión

CARGOUSE de armamento a oposición a Baltar II cun asunto inesperado, a utilización do poder institucional para satisfacción sexual. Parece ser o principal argumento contra o herdeiro dun xeito de facer política que logo de catro décadas despois da Transición segue funcionando. Dá igual que pase o tempo, unha parte dos representantes da Galicia interior non muda de métodos, que ao parecer son válidos para os cidadáns. E contra iso non hai oposición política que valla. Entón semella que dá máis réditos atacar comportamentos persoais de dubidosa ética ca actuacións sospeitosas na xestión, como a colocación de persoas afíns nunha institución, algo que transloce nas gravacións. Pero iso dá igual, se algunha vez se chega a castigar xudicialmente ao mellor o responsable igual xa está xubilado, como lle pasou ao antecesor, inhabilitado por enchufismo despois de que cedera o seu legado.

Dubidosa ética ou sospeitosa xestión
Comentarios