sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Dúas figuras emerxentes

EN ESPAÑA emerxeron dúas figuras que de non ter sido pola pandemia dificilmente sumarían o protagonismo que os engrandece. Un xa ascendeu a portavoz do PP, o que lle permitirá unha visibilidade bastante maior que como alcalde, por moito que sexa da primeira cidade de España. Almeida elévase desde unha xestión comedida da crise proporcionalmente á mingua da estridente presidenta da comunidade. E Illa tamén con moderación úpase desde o Consello de Ministros nunha ponte aérea que lle permitirá retornar a Cataluña para liderar o PSC en substitución de Iceta. Son novos referentes desde a prudencia que contrastan coa caída en desgraza da agresiva Álvarez de Toledo por ser máis portavoz de si mesma que do grupo parlamentar, desconectado así do partido para marcar liña política unívoca. Evítase que no Parlamento se distorsione o dito en Génova, 13. Pero esta defenestración non foi pola pandemia, os ascensos de Illa e Almeida si.

Dúas figuras emerxentes
Comentarios