Opinión

División en catro

O PSOE non só ten confrontación ideolóxica e estratéxica interna, como se viu en todo o proceso que comezou coa abstención a Rajoy e desembocou no liderado de Pedro Sánchez, senón tamén organizativa do territorio. No partido existen dirixentes centralistas, entre os que caberían algúns dos autonomistas; os defensores de maior autogoberno para as comunidades, e os federalistas. Levan tempo convivindo sen maiores sobresaltos, incluso nos tempos de radicalizacións de algunhas posicións en Euskadi que ameazaban coa ruptura de España. Pero agora sobre Cataluña empezan a exteriorizarse posturas antes larvadas, porque dá a sensación de que xa non valen puntos intermedios, só extremos entre independencia si e independencia non. E así aflora a cuarta concepción de algúns dirixentes do PSC, que ante o dilema sitúanse pola ruptura. Un problema máis para o socialismo.

Comentarios