Opinión

Distintas vítimas, distinta interpretación

IMAXÍNOME, E con razón, revoltos de carraxe os afectados de escoitar dicir que os familiares das vítimas só se acordan de desenterrar os pais se existen subvencións. É comprensible que se alteren, e incluso considerar que existe un delito de humillación. Pois a Fiscalía entendeu que non había indicios de vulneración da legalidade. Pola contra, o mesmo ministerio público defensor de todos entende que si existe vexación por chistes sobre un ditador, aínda que os descendentes deste consideren disparatada a petición de cárcere para a tuiteira que os espallou. Son criterios distintos para os asasinados polos sublevados e enterrados nas cunetas, aos que se referiu o portavoz popular no Congreso, e para o vicepresidente franquista, aludido por unha humorista anónima, que agora por isto (non pola chanza, senón polo xuízo) xa é coñecida. Son interpretacións coas que a Xustiza se ataca a si mesma.

Comentarios