Opinión

Discriminación legal

Reivindicar máis que celebrar. Así é o día de hoxe para a metade da poboación e parte da outra que queira sumarse, porque en materia de igualdade queda máis por alcanzar do que hai por festexar, a pesar do avanzado. Independentemente do método elixido para facer visible a discriminación de xénero que representa que as mulleres traballen gratis preto de dous meses ao ano (gañan o 23 por cento menos que os homes), o triste é que logo de décadas de protestas contra a brecha salarial aínda non estea lexislada a equiparación, e polo visto o único xeito de lograla é aplicando métodos coercitivos. Pero aí, no Congreso, bátese en ferro frío contra representantes que miran para outro lado aínda que de palabra apoien a igualdade; onde hai que demostralo é por escrito e aí algúns partidos non se dan por aludidos. Porque aínda que pareza que é só por dereitos económicos, é unha folga política.

Comentarios