Opinión

Diferentes odios, legais e ilegais

LEGALMENTE hai cousas que podo odiar e outras non. Podo odiar o PP, o PSOE ou Podemos sen temor, pero non a lei de partidos, porque me pode custar unha denuncia por enaltecer o terrorismo. Podo odiar o Madrid ou o Barça, cheos de futbolistas de fóra, pero non a lei de estranxeiría, porque, como lle pasou a unha concelleira de Madrid, pode levarme ante un xuíz. Podo odiar os manifestantes contra o que consideran Estado represor, pero non podo odiar a lei mordaza, nin os maleantes con pistola, porque me poden levar diante dun tribunal por acoso á autoridade. Podo odiar os ateos e os agnósticos, pero non me podo permitir odiar todo o boato relixioso, porque podo ser denunciado pola Asociación de Avogados Cristiáns, e o que é peor, podo ser castigado por iso. Non me podo sequera permitir denunciar involución da liberdade, o máis que podo dicir é como o personaxe de Forges: país.

Comentarios