Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

Día de todos, ou iso debería ser

UN DÍA que debería unir, xa non digo fachendear ou amosar vaidade por ter nacido na comunidade, residir nela ou ser descedente de galegos, pero si vincular a todos. Porque esta xornada xa non é monopolizada politicamente por ninguén, aínda que a celebración nacera e se mantivera por grupos dunha tendencia. Chámenlle uns Día da Patria ou lle digan outros simplemente Día de Galicia, o 25 de xullo ou de Santiago é do conxunto. Non é cuestión partidaria, senón de sentimento colectivo, e ese, para todos os que non renegan do nacemento, debería ocupar un lugar común, pero dista moito de selo aínda, por máis que o Día Nacional de Galicia estea a nada de cumprir 40 anos desde a súa aprobación ou cen desde que as Irmandades da Fala o instauraron en 1919 e se mantivo incluso na clandestinidade das ditaduras de Primo de Rivera e Franco. A querencia compacta, pero aquí segue quebradiza.

Día de todos, ou iso debería ser
Comentarios