jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

Deturpacións contra a legalidade

Apelan á Constitución segundo para que, porque ás veces non a respectan. Hai uns días vin unha pancarta de Vox referida a Vascongadas, palabra inexistente en ningunha norma española, só ten intencionalidade política de afección ao réxime franquista, que así lle chamaba, e de rexeitar o Estado autonómico constitucional. E o mesmo pasa cos topónimos. A única legalidade nos nomes de Galicia é a fixada pola Xunta, entón en España non existen nin Sangenjo nin La Toja nin Junquera de Espadañedo; utilizalos así vai contra a lei. Igual que atacar as linguas españolas distintas ao castelán. A Carta Magna di textualmente que os idiomas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos. E incide en que "a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección" (artigo 3 do título preliminar). Pero só ven o que lles interesa de uniformidade.

Deturpacións contra a legalidade
Comentarios