martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

Desorde pandémica

A CABADO O estado de alarma seis meses e medio despois, semella que volve a vida á normalidade de hai algo máis dun ano, pero aínda permanecen limitacións abondas para unha cidadanía cansa e sen alegría, e cunha situación económica xeral feble que debería empezar a remontar coa volta do consumo, o verán e os millonarios fondos europeos. As restricións dependen agora das comunidades, pero deberán ser amparadas polos tribunais nunha cuestionable xudicialización da pandemia, cando por contra o Parlamento tivo tempo suficiente para lexislar claramente para cando chegara este momento. Non o fixo, e agora quedan lagoas segundo a decisión que tome cada goberno autonómico, de tal xeito que a mesma medida pode ser rexeitada polos tribunais dunha comunidade e aceptada nos doutra. Xa pasou nunha etapa anterior e non se tomou nota. Un desorde que non favorece a tranquilidade da cidadanía, necesitada de festas, pero tamén de seguridade.

Desorde pandémica
Comentarios