Opinión

Deslexitimar as vitorias que non son súas

DÁ MEDO a cantidade de xente que non acepta os resultados electorais. É terrible que haxa millóns de antidemócratas neste país que non admitan un Goberno que non sexa dos seus, que accedan ir ás urnas se gañan, pero que deslexitimen os rivais se non se manteñen no poder. Pasara con Zapatero e a teoría da conspiración planetaria para que se producira o cambio político, igual que logo con Sánchez na moción de censura, ao rexeitar a validez unha decisión do Parlamento, e insisten agora. E non só os cidadáns, senón os partidos, que abertamente chamaron ao transfuguismo, reclamaron corrupción para evitar que goberne quen non queren por un sentido patrimonial das institucións. De cando en vez aflora a dereita matona e montaraz raiana ao golpismo cando se menta o Exército para frear un executivo lexítimo, e desta vez saíu en tropel para amedrentar os representantes dos cidadáns, todos legais, os 350, tanto os de Vox como os de Bildu.