Opinión

Desigualdade de oportunidades

RESÍSTENSE, pero ao final, forzados, acaban dimitindo. Xa van dous ministros de Sánchez que saltan do carro por irregularidades, con Facenda un e con Educación outra. Evidente que nun país de delincuentes que somos (defraudar sempre que podemos, circular a máis velocidade da permitida se non hai radar, intentar aprobar materias e ata másteres sen os coñecementos mínimos, e tantas e tantas outras anomalías legais) no Goberno tamén os ten que haber, outra cousa é que se saiba. De dous enterámonos, tamén do ocorrido con currículo do agora presidente do principal partido do país, pero aí segue, nun exercicio moi español que algúns ultimamente sitúan na excepción, o de dimitir. Pero estes son casos individuais, o que é xa asunto colectivo é o da universidade que outorga os títulos a persoeiros se supón que a cambio de prebendas pasadas ou futuras. Ata aquí chega a desigualdade nun país no que a fraude se engalana.

Comentarios