Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

Desatinada estratexia de dominación

CADA GOBERNO quere que os dos demais países sexan o máis parecido posible ao seu, contar con estados amigos, por xeoestratexia e relacións. Pero no mundo existe diversidade de sistemas e intereses grupais que baten entre si.

Os máis poderosos recorren a imposicións sobre os máis febles. Élles doado en casos, pero noutros atopan atrancos considerables. O embargo imposto por EE.UU. a Cuba, secundado á forza polo bloque occidental, só serviu para aumentar as privacións da poboación, pero o réxime perpetuouse seis décadas máis desde aquela.

Agora o Executivo de Trump ameaza con sancións a Irán, cando historicamente ten exemplos desta inutilidade como método político, igual que o boicot electoral que defendeu en Venezuela, decisión desatinada por máis que a compartiran os gobernos amigos. Alimentar posicións radicais como estas só amosa prepotencia e falta de imaxinación.

Desatinada estratexia de dominación
Comentarios