Opinión

Desaire ás veces merecido

SOMOS esenciais, pero a sociedade apenas nos considera. Neste mes e pico que levamos de pandemia sucédense os agradecementos a sanitarios e forzas da orde, sobre todo, e tamén a farmacéuticos, tendeiros, agricultores e gandeiros, informáticos, a un montón de colectivos, con merecemento absoluto, pero os informadores non soemos aparecer entre as gratitudes quizais porque temos mala prensa, moitas veces con razón porque hai medios que priman o morbo sobre a informacíón e outros que non teñen reparos en ofrecer noticias falsas ás que moitos profesionais serios dedican tempo para desmontar. Por estendido, isto xa entra na normalidade, o que raramente se vira é que unha deputada utilice no Parlamento un chisme lanzado polo entorno do seu partido e espallado grazas a periódicos que lle serven de voceiros. Por cousas así temos merecido esta desconsideración, pero imaxínense unha semana sen televisión, radio ou periódico. Imaxínense.

Comentarios