Opinión

O dereito non é unha operación matemática

O CATEDRÁTICO da Universidade de Barcelona Jordi Nieva-Fenoll recorda que o dereito non é unha operación matemática, senón que se ve influído por ideoloxías e emocións, porque o aplican seres humanos. Pero o que non considera admisible é que estas se convertan na única guía dun xurista. E nese risco estamos, no posibilidade de retorcer a lei para aplicala como se precise. Así, o encargado da interpretación pode entender que houbo risco de violencia coas decisións do Parlamento de Cataluña na pasada lexislatura e deste xeito poder meter na cadea a todo o Govern. Igual que se pode colixir que a decisión de subir o 0,25% as pensións pode xerar excesos nas previsibles protestas, con enfrontamentos coa Policía e descarga de rabia contra todo, e así procesar a quen tomou a decisión. Como se pode entender o contrario. Sería de dereito pero cuestionable que a decisión fose por ideoloxía.

Comentarios