Opinión

Deporte político

CALQUERA ACTIVIDADE ten carga política, e o deporte das que máis. As voces que reclaman que non interfiran un na outra teñen clara tendencia. Igual que ninguén dubida de que cando o Barcelona xoga partidos benéficos por Cataluña adiante é para facer país e que definirse como ‘mes que un club’ está recoñecendo ese papel político. Como político é que unha entidade deportiva dunha comunidade con dous idiomas imprima as entradas para os espectáculos que organiza só nun deles. Ou a lingua da megafonía. O mesmo ocorre cando o Real Madrid lle prohibe a un dos seus xogadores responder en catalán a un informador que lle pregunta nesa fala, que ben coñece porque é a materna. Non ten inconvinte o club en que os seus empregados respondan en inglés, francés, croata ou portugués, pero en catalán non o admite. Esa, como outras máis sublimes, é unha posición política.

Comentarios