Opinión

Defraudadores do país, estafadores de todos

ESTE é o verdadeiro problema de España, nin a protección social dos inmigrantes, nin os soldos vitalicios de tres expresidentes, nin sequera a gran cantidade de concellos. Isto representa unha cantidade ínfima en comparación coa morosidade. Algo máis de 4.300 entidades e persoas escamotean 15.000 millóns ao Estado. A lista feita pública permite coñecer estes estafadores, nos que non falta de nada: bancarios, artistas de prestixio, xogadores de fútbol, equipos enteiros, grandes empresarios, avogados famosos ou incluso directivos de asociacións que nos deron leccións de como se debía xestionar unha administración pública figuran neste rexistro de defraudadores de máis dun millón de euros, algúns deles con ata nove díxitos. A querenza a un país transcende a cháchara, tradúcese en civismo e cumprir como cidadán, e eses, e moitos outros centos de miles, amosan só cariño por si mesmos.

Comentarios