jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Defectos de representación

ESPAÑA Suma é a fórmula do PP que demostra que a cidadanía non está proporcionalmente representada. Xa se sabía, pero constátase. Nos anteriores comicios, se populares, Ciudadanos e Vox foran xuntos terían máis deputados que cada un pola súa conta, e todo pola división en circunscricións provinciais e porque o reparto favorece habitualmente aos máis apoiados. Por exemplo, un máis en Murcia, en Cantabria, en Zaragoza, a conta do PSOE. Na negociación (se é que houbo) entre socialistas e Podemos o partido infrarrepresentado pregoaba que aínda que en deputados os triplicaban (123 por 42), en votos baixaba a dobre (7,48 millóns por 3,73). E 220.000 votos de diferencia no total do Estado foron suficientes para que os populares superaran en 9 escanos a Cs. Os ideólogos dos sistema entendían que os territorios estaban así representados, pero quedou demostrado que os deputados non representan as provincias, senón os partidos.

Defectos de representación
Comentarios