Opinión

De impositor a dialogante

CADA PAÍS ten o goberno que se merece. Isto xa o defendía hai xa arredor de 200 anos Joseph de Maistre; distinto en cada época, claro. Así, pouco ten que ver o Executivo formado por Rajoy hai case cinco anos, que podía ser impositor baseado na maioría absoluta outorgada polos españois, co anunciado onte [xoves], que deberá ser condescendente con boa parte da oposición e ter o diálogo por bandeira. Desde logo, moito máis fácil para o anterior que para este novo. En educación impoñíase a Lomce no Parlamento, e punto, agora o titular ministerial terá que dedicar moitas máis horas previas para chegar a acordos que ao debate no Congreso. Se facían falta cartos, detraíanse do fondo de reserva da Seguridade Social e daba igual que os demais protestaran, agora para continuar con esa política deberase convencer a deputados que non sexan da súa bancada. Cambia o mundo, cambian os gobernos.

Comentarios