Opinión

De costas á dignificación da política

EMPÉÑANSE OS partidos clásicos en poñerse de costas á dignificación da política. O temor inicial aos emerxentes cambioulles o paso e parecían avanzar cara a unha maior transparencia no camiño de frear a corrupción que todo o invadía. Pero o impulso inicial minguou para retornar á casiña de saída, como se nada pasara. Quizais porque os partidos se decataron de que a maioría dos cidadáns son conscientes da podremia pero aceptan convivir con ela, ou o que é peor, aprovéitana. Esa sería a lectura da última enquisa do CIS, na que os dous partidos que se alternaron no poder desde a Transición seguen ocupando as preferencias dos españois. Entón poden seguir degradando e envilecendo a política, como ocorre na Deputación de Lugo desde a súa constitución, sen que nada se mova nas conciencias dos veciños a pesar de cambalaches tan escuros coma os que se poidan alcanzar nas gasolineiras.

Comentarios