Opinión

Cuestión de confianza

ESTÁN PASANDO por un proceso paralelo os dous concellos máis poboados da provincia de Lugo, o da capital e o de Monforte. Gobernados por socialistas en minoría, a alcaldesa luguesa e o rexedor monfortino teñen que recorrer a senllas cuestións de confianza para sacar adiante os orzamentos, e aínda que os plenos non as aproben, as contas poderán implementarse ao non ser factibles as mocións de censura que levarían aparelladas, debido ao reparto político que a fai inviable en Lugo pois terían Lugonovo ou BNG que apoiar o PP, e imposible en Monforte, porque ao grupo de non adscritos subscribila estalle legalmente vetado. Entre as intransixencias de opositores e a escasa capacidade negociadora dos executivos os concellos poden caer no desgoberno e de ser así quen máis arrisca é quen ostenta a alcaldía, porque non só o pleno senón tamén os cidadáns poden acabar perdéndolle a confianza.
 

Comentarios