Opinión

Crispación, risco e vantaxes para Sánchez

A COMBINACIÓN de descerebrado con patrioteiro dá situacións que como a do catalán que ameazaba con matar ao presidente do Goberno non pasa de ser cómica, pois ao parecer só se trataba de impresionar unha muller. Pero desa composición hai que ter coidado porque poden xurdir resultados máis serios. Non vaia ser que se malinterpreten mensaxes saídos da crispación que se xera contra quen é cualificado de usurpador, asaltante do poder, partícipe dun golpe de Estado, ariete dos independentistas e próximo aos terroristas.

Xa se empezara co hashtag UnaMocionContraEspaña cando prosperou a censura a Rajoy, como se quen ocupaba o Executivo naquel momento fose sinónimo de país e ninguén máis puidese ostentar o poder. E seguiu logo, sen decaer. Aínda que este clima crispado pode, no fondo, favorecer a Sánchez, pois o ruído agacharía outros asuntos transcendentes e situaría, por contraste, ao presidente na moderación.

Comentarios