domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

Cribas de acceso ás forzas de seguridade

DELINCUENTES HAINOS en todas as profesións, incluso nas que deben garantir a seguridade e defender a lei. Dous policías cataláns están acusados de matar o compañeiro dela, tamén garda urbano, e queimalo no seu coche, un suceso extremo que unido a outros menores pero tamén de violencia contra persoas nos que os tres estiveron implicados amosa que os filtros de acceso a esta profesión non funcionaron como deberían e permitiuse que se coaran infractores. Moitos máis hai, de feito nos grupos de seguridade producíronse situacións tan graves que máis de 300 gardas civís e máis de cen policías foron expulsados nunha década por asasinato, tráfico de drogas, suborno ou secuestro. Certo que entre 140.000 non parecen moitos, nin se pode condenar un colectivo por uns cantos, pero trátase de corpos para protexernos, non para o contrario. Habería que perfeccionar as cribas de acceso.

Cribas de acceso ás forzas de seguridade
Comentarios