Opinión

Contradicións por tanta inimizade

ALENTAN protestas contra o estado de alarma e no entanto culpan a outros grupos dos disturbios. Defensores das actuacións policiais para manter a orde, neste caso incitan as revoltas, que se volven violentas ás veces contra establecementos e incluso contra as propias forzas de seguridade. Unha dirixente enxalza o traballo dos uniformados para frear os excesos mentres outro resalta que as tropelías as protagonizan españois correntes que rexeitan ser "encarcerados e condenados á miseria". Aseguran que o descontento o encabezan empregados en paro, pais sen nómina para alimentar os fillos e autónomos sen traballo, apoiados en imaxes de mozos encarrapuchados, pero culminan imputando dos desmáns aos estranxeiros que, din, veñen delinquir. Un desvarío da estrema dereita na súa estratexia contraditoria para criminalizar a quen rexeita. Incluso culpan a estrema esquerda de altercados contra un Goberno que din desa ideoloxía. Delirante.

Comentarios