miércoles. 15.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 15.07.2020
El tiempo

Contradicións que marcan un camiño incerto

ESTÁ na corda frouxa non pola xestión, senón por falta de claridade. Porque entra dentro da normalidade destituír a quen non se ten confianza, a quen elabora informes con testemuñas manipuladas, nos que chega a conclusións cuestionables tras erros de vulto, nos que non é disparatado atopar intencionalidade e coa inclusión de trolas xa desmentidas, como que as asistentes á manifestación do 8-M levaban luvas para non contaxiarse cando ese complemento morado é un símbolo do feminismo desde tempo atrás. Porque o que non se lle permite a un ministro, que é moi libre de prescindir de calquera do seu equipo, é dar unha versión distinta cada vez que comparece. Tampouco se debería aceptar un informe con interpretacións tendenciosas, dos moitos obxectables que teñen circulado con perversas pretensións, pero iso levaría outras canles, non as políticas polas que coma neste caso un ministro ten en xogo o seu futuro por contradicirse. Non si, Marlaska?

Contradicións que marcan un camiño incerto