Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

Coñecemento das institucións

TAMPOUCO DEBERIAMOS ir tan aló como pensa o filósofo estadounidense Jason Brennan de que non deben poder votar os que non saiban de política. A solución non está no veto, senón en que se consigan eses coñecementos. Exemplifica Brennan que igual que un condutor non pode conducir por estar ebrio, un votante non debe exercer se non está capacitado. Evidentemente non se pode privar a un cidadán deste dereito, pero como mínimo debería saber como funcionan as institucións para acudir ás urnas. Aquí moita xente descoñéceo, de feito logo da chegada de Pedro Sánchez á Moncloa quedou demostrado que unha boa parte da poboación non sabe como é o proceso para ter presidente. Incluso din que é o primeiro non elixido polos españois. Obviando que Calvo Sotelo tampouco fora nin cabeza de lista, os demais todos decidíronse igual, polos 350 deputados do Parlamento. É a lei.

Coñecemento das institucións
Comentarios