Opinión

Con escasa marxe de manobra

O TRANSVERSALISMO co que naceu debería permitirlle a Ciudadanos pactar con calquera, pero as últimas campañas electorais deixárono con pouca marxe de manobra, primeiro polas mensaxes enviadas que o situaron no tripartito da dereita e logo polos resultados, tras as xerais porque non foi quen de superar un ínfimo PP e un ascendente PSOE, e nas municipais porque apenas alcanza presidencias locais, e ningunha significativa, polo que para o partido de Rivera todo pode ir a peor unha vez culminada a onda boa. A incongruencia dalgúns pactos, como preferir un secesionista en Barcelona antes que Colau ou pactar con reaccionarios a pesar de autodenominarse liberal, cuestiona a defendida rexeneración da política española. E nas comunidades tampouco ten reparo en formar parte de "acordos de perdedores", como veu denominando a dereita aos gobernos distintos ao do partido máis votado. Agora vale porque os favorece. Incoherencias varias.

Comentarios