Opinión

Civismo por coerción

O civismo non se logra exclusivamente con educación. Axuda, pero vólvese máis efectiva sustentada nunha maior coerción. As multas de tráfico non evitan ilegalidades circulatorias, aínda que as rebaixan dun xeito considerable. Para as cidades mellor lles iría acoutando en maior medida a liberdade cidadá, estarían máis limpas e favoreceríase a cohabitación sendo máis restritivo aínda na aplicación de leis e normas. Que alguén tira unha bolsa de patacas ao chan, multa. Que o dono non recolle ou limpa o que deixa unha mascota na beirarrúa, multa. Que alguén expulsa onde non debe o líquido xerado trala inxesta de cervexas ou cubatas, multa. Que alguén atravesa andando por onde non debe ou co semáforo vermello, incluso pais e nais con nenos da man para darlles exemplo, multa. Que un ciclista circula por un paseo polo que non debe, multa. Que o peón utiliza pola contra o carril bici para andar, multa. Só así se gaña civismo e convivencia.

Comentarios